E de novo estou aquí…
Despois de moito tempo sen deixarme caer por aquí hoxe deixome caer de novo. Prometo non tardar tanto en aparecer … Deixovos un pouco de música para relaxarnos.
November 17, 2009 - 7:13 PM No Comments
Outro blogue blogaliza.org
Despois de moito tempo sen deixarme caer por aquí hoxe deixome caer de novo. Prometo non tardar tanto en aparecer … Deixovos un pouco de música para relaxarnos.
Onte subeu ó espazo infinito; a onde van todos os que aportan algo a este mundo; Antonio Vega podería gustarnos máis ou menos, cada un ten os seus gustos musicais, pero o que ninguén pode por en dúbida é que para sempre o lembraremos como o gran impulsor da Movida española; as súas letras e a súa música foi, é e estou segura seguirá sendo escoitada por moitas xeracións.
E aínda por riba… era un apaixoado da física. Como él mesmo dixo nunha ocasión: “La física cambió mi vida. Cambié mi postura ante el mundo cuando comprendí a Einstein. Cuando supe que el camino más corto entre dos puntos no es la línea recta. Cuando empecé a imaginarme cosas como qué pasaría si me montase a caballo en un haz de luz.”
Agora deixovos unha canción que seguro a fixo pensando na física; senón fixádevos na letra… aquí o amor mestúrase coa ciencia…
Espero que vos gustase e desexo que Antonio teña unha boa viaxe a ese mundo físico, cuántico, atómico, nuclear, radiactivo… en fin… infinito…
Escoitade esta canción de “La Oreja” que está feita na memoria das vítimas dos atentados de Madrid do 11 de Marzo. Disfrutade dela porque é unha gozada. Xa me contaredes se vos gusta!!!!!